
Curso integrado no Plan de Formación Continua 2026 da FEGAMP.
Este curso ofrece unha visión práctica das principais estratexias de intervención socioeducativa no ámbito dos Servizos de Apoio e Acompañamento Familiar (SEAF), abordando a acción individual, grupal e comunitaria. A través dunha metodoloxía orientada á práctica profesional, facilitaranse ferramentas e técnicas para a planificación, desenvolvemento e avaliación de intervencións socioeducativas con persoas, familias e comunidade.
PERSOAS DESTINATARIAS
Educadores/as sociais da administración local de Galicia tanto dos servizos sociais comunitarios básicos como doutros departamentos específicos.
OBXECTIVOS
- Proporcionar estratexias de acción individual, grupal e comunitaria
- Trasladar técnicas de acción socioeducativa de aplicación na acción socioeducativa desde servizos de apoio e acompañamento familiar
- Planificación operativa da acción socioeducativa con familias desde un SEAF
CONTIDOS
- Estratexias de acción socioeducativa individual desde os SEAF: Aplicación práctica: informe socioeducativo, coordinación e supervisión de casos
- Estratexias técnicas na acción socioeducativa
- Estratexias de acción grupal desde os SEAF: aplicación práctica
- Estratexias de acción comunitaria desde os SEAF: aplicación práctica
- Profesor: Sonia González

Se traballas como educador/a social nun servizo de Educación e Apoio
Familiar de Galicia dende o CEESG queremos convidarte a formar parte dun
proxecto colaborativo e grupal de supervisión e coordinación no que
compartir coñecemento e xerar un espazo seguro de acompañamento.