A violencia de xénero é un dos problemas máis graves e complexos da nosa sociedade actual. É un tipo de violencia estrutural e ideolóxica, que se vén exercendo durante décadas sobre as mulleres polo mero feito de selo, sen distinción de etnia, idade ou clase social e constitúe a expresión máis extrema da desigualdade entre homes e mulleres.

Trátase dun grave problema social, que se fai cada vez máis visible, debido á maior concienciación das vítimas e das súas familias, á sensibilización das institucións públicas, dos medios de comunicación, dos corpos e forzas de seguridade e da sociedade no seu conxunto.

E como problema social, é precisamente a sociedade no seu conxunto, tanto os poderes públicos coma cada persoa na súa contorna e no seu día a día, a que debe implicarse e seguir loitando para lograr a súa erradicación.

Curso de formación que parte dun enfoque participativo e práctico, utilizando exemplos reais e dinámicas interactivas para facilitar a aprendizaxe e a aplicación dos coñecementos adquiridos. Tamén se fomenta o intercambio de experiencias e a construción de redes de apoio entre os participantes.

Trátase dunha formación exclusiva para as Educadoras Socias colexiadas que acudan á asamblea xeral do Ceesg o sábado 14 de marzo na Casa das asociacións de Cornes en Santiago de Compostela.

A formación consta dunha sesión presencial (2h) o propio día da asamblea en horario de 16h a 18h e unha segunda xornada en liña (2h) o martes 17 de marzona aula virtual do Ceesg, tamén en horario de 16h a 18h.


Se traballas como educador/a social nun servizo de Educación e Apoio Familiar de Galicia dende o CEESG queremos convidarte a formar parte dun proxecto colaborativo e grupal de supervisión e coordinación no que compartir coñecemento e xerar un espazo seguro de acompañamento.

Obxectivos:

Trasladar técnicas de acción socioeducativa de aplicación na acción socioeducativa dende servizos de apoio e acompañamento familiar

Planificación operativa da acción socioeducativa con familias

Contido:

1.       Valoración inicial de desenvolvemento, apego e trauma : técnicas e coordinación

2.       Valoración de técnicas en función da situación de vulnerabilidade :temporalidade e valoración do desenvolvemento

3.       Técnicas de acción socioeducativa dende a Educación social : informes socioeducativos e técnicas básicas : acompañamento socioeducativo, entrevista, accións socioeducativas en espacios familiares

4.       Accións socioeducativas grupales dende a Educación Social: o xogo, grupos de apoio, grupos de autocoidado e supervisión socioeducativa